Felipe Castro López


Fillo da emigración, nacín no ano 1965 en Clermont-Ferrand (Francia). Á idade de 9 anos volto coa miña familia e aséntome no pobo natal de meu pai en Galicia e, dende ese intre, vou alternando a miña residencia entre o dito pobo e a vila próxima de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.


A miña actividade profesional non está vinculada á fotografía, pois son axente facultativo ambiental e funcionario da consellaría do Medio Rural.


O meu interese pola fotografía xurdíu, nun principio, como ferramenta para documentar gráficamente diferentes cuestións relacionadas coas miñas funcións profesionais e laborais.


Por mor, dunha banda, a unha serie de intereses vinculados á valorización e desenvolvemento do territorio e ao patrimonio existente nel e, doutra banda, ao residir a cabalo de dúas comarcas impresionantes como son oa de O Courel e Ribeira Sacra e á crecente afición polas viaxes e a fotografía en si, pouco apouco e a través de asistir a cursos de fotografía e a consulta de bibliografía especializada, vou adquirindo coñecementos e practicando as diferentes técnicas que máis me interesan, como son a fotografía de paisaxe, de arquitectura, macro ou produto.


Finalmente, de todo isto xorde o que, para min, é unha idea, un concepto e unha necesidade: FOTOPATRIMONIO, a través do que pódo conxugar dous dos aspectos fundamentais na miña vida.


FOTOPATRIMONIO - ads5565.jpg

Poida que practique a fotografía porque non teña nada mellor que facer, pero non gozo dela por casualidade.

Eu mesmo.

FOTOPATRIMONIO - logo-2-negro-grande.png