Certo é que a xente, as persoas, as mulleres e homes non aparecen reflictidas nas definicións e descricións de patrimonio cultural, como compoñentes do mesmo, pero ao ser a xente quen o crea, emprega, sostén e lle dá sentido, resúltame imprescindible dedicarlles a elas e eles unha subgalería propia na que, precisamente na maior parte das fotografías, aparecerá en ou con algún ben que si forma parte deste patrimonio.
Hai que ter en consideración que, ademáis no que se refire ao patrimonio inmaterial, son as persoas quenes conforman a parte máis esencial do mesmo: as expresións, coñecementos, técnicas ou practicas que o compoñen.
“Se a nosa mente se vei dominada polo anoxo, desaproveitaremos a mellor parte do cerebro humano: a sabedoría, a capacidade de discernir e resolver entre o que está ben ou mal.”
Dalai Lama