A paisaxe cultural é aquela que se emprega nos estudos patrimoniais para describir a simbiose da actividade humana co seu contorno e, polo tanto, o resultado da interacción, no tempo, das persoas e o medio natural. A paisaxe constitúe unha realidade dinámica e cambiante xa que é o resultado de procesos ambientais, sociais e culturais que se sucederon ao longo do tempo no territorio. Estes procesos danse pola forma de vida, as políticas, as actividades e as crenzas de cada sociedade.

 

Pola dimensión do territorio que define á paisaxe, as actividades que xeraron as paisaxes culturais dentro dunha perspectiva histórica, son as seguintes:

  1. Actividades agrícolas, gandeiras e forestais, mariñas, fluviais e cinexéticas.
  2. Actividades artesanais con relación ás anteriores.
  3. Actividades industriais como a mineira, a grande industria ou a explotación enerxética.
  4. Actividades de intercambio e comerciais.
  5. Actividades relacionadas con acontecementos sociais de carácter lúdico, simbólico ou ritual, relixioso, artístico, etc.
  6. Actividades ofensivo-defensivas, como instalacións defensivas, campos de batalla, etc.
  7. Sistemas urbans ou asentamentos históricos con protagonismo na construción de detrerminadas paisaxes ao longo do tempo.
  8. Grandes infraestruturas de comunicación e transporte, hidráulicas, etc, como artífices principais da construción histórica da paisaxe.
  9. Escenarios asociados a acontecementos históricos.

 

“A verdadeira viaxe de descubrimento consiste non só en procurar novas paisaxes, senón en ver as cousas dende unha nova perspectiva.”

Marcel Proust

 
TITULO
DESCRIPCION