Unha natureza morta ou bodegón, é unha peza cuxo suxeito consiste nunha composición de obxectos inanimados, que se colocan normalmente de maneira decorativa ou expositiva sobre algún soporte de natureza moi diversa (moble, repisa, máquina ou mecanismo, rocha ou pedra de tamaño axeitado, paca de palla ou herba, o propio chan, etc).

 

Para isto, colócanse de maneira compositiva e armoniosa obxectos, produtos ou materiais de contido natural, biolóxico ou non, (alimentos cociñados ou frescos, frores, follas, froitos e sementes, madeira, raizame, minerais e pedras, etc) ou ben procesados ou sintéticos (telas e peles, utensilios e ferramentas decorativos ou funcionais, antigüidade, libros, xoias, monedas, cerámica, cristal, porcelana, metal, plástico, etc).

 

Estas composicións, principalmente os bodegóns, teñen a súa orixe na arte pictórica e que, no seu momento, adoptou a arte fotográfica. A relevancia que, dende fai tempo, colleu a gastronomía, sobre todo aquela moi elaborada e decorativa, xunto cunha infinidade de produtos que, con motivos expositivos ou de venda, tamén demandaron a súa representación principalmente fotográfica.

 

“Cada vez que tivenalgo que decir, díxenno tal como sentía que debía dicirse. Motivos diferentes reclaman invariablemente medios de expresión diferentes.”

Pablo Picaso

 
TITULO
DESCRIPCION