O termo monumento refírese a toda aquela obra de carácter civil, relixioso ou político que son perceptibles ás persoas e que teñen un valor cultural, artístico, histórico, rememorativo ou social, entre outros posibles.
O patrimonio monumental é aquel que concerne aos inmobles que consisten en edificacións, obxectos materiais, os cales teñen un grao de monumentalidade pola súa extensión, altura, ubicación, arte, etc, Tal noción abrangue non somentes as grandes creacións senón tamén as obras modestas que, co tempo, foron conseguindo un significado cultural.
No que respecta ao patrimonio relixioso, este recolle os diferentes conceptos culturais e relixiosos e tamén os distintos tipos de patrimonio cultural relacionados cos bens materiais e inmateriais relixiosos (arqueolóxicos, históricos, arquitectónicos, monumentais, artísticos, etnográficos, etc).
“En troques de provocar que recordemos o pasado como nos vellos monumentos, os novos monumentos semellan facernos esquecer o futuro.”
Robert Smithson