Está claro que o patrimonio etnográfico ten moito de historia e de identidade, aspectos que teñen unha gran relevancia nas sociedades a nivel local, rexional, nacional ou de calquera outra área territorial.

 

O patrimonio etnográfico pódese entender como o conxunto de manifestacións e tradicións que representan a cultura e a identidade popular dunha comunidade determinada de maneira particular, e pode ser tanto a través de bens materiais coma inmateriais, sempre que reflictan a cultura tradicional. Tamén se pode didir que posúen unha grande cantidade de información sobre a relación que cada comunidade mantivo coa súa contorna e o seu modo de vida tradicional.

 

Dentro deste tipo de patrimonio teriamos que incluír a arquitectura popular que xa describimos no seu apartado específico, pero tamén os doutra índole como a artesanía e obxetos de uso tradicional (ferramentas, apeiros, etc).

 

En canto ao patrimonio industrial, enténdese como o conxunto de restos da cultura industrial que posúen un valor histórico, tecnolóxico, arquitectónico ou científico.

 

Este consiste en edificacións e maquinaria, obradoiros, minas e espazos para procesar  e refinar os materiais, almacéns e depósitos, , lugares onde se xenera ou transmite a enerxía, medios de transporte e as súas infraestruturas, así como os espazos nos que se desenvolven as actividades sociais relacionadas coa industria.

 

Como sempre, ambas as dúas tipoloxías patrimoniais son de grande interese social e tamén fotográfico.

 

“O labor da recollida de pezas etnográficas é admirable, non só polo seu carácter insubstituíble senón tamén polo seu carácter irrecuperable de tal xeito que se non se houberan comezado a adquirir estes pezas no momento preciso, hoxe,gran parte do patrimonio etnográfico non houbera sobrevivido e, polo tanto, non o coñeceriamos.”

Blanca Flor Herrero Morá

 
TITULO
DESCRIPCION