O patrimonio arqueolóxico non está unicamente constituído polos xacementos arqueolóxicos, senón que tamén o está polos bens mobles e inmobles de carácter histórico que precisan para o seu estudo de métodos arqueolóxicos. Tamén corresponden a esta tipoloxía de patrimonio os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia do home e das súas orixes.

 

Boa parte deste basto patrimonio atópase baixo terra ou baixo da auga, o que lle outorga grandes dificultades para a súa localización, coñecemento, interpretación e divulgación. En todo caso, aquel que está localizado e escavado ou ao descuberto, debe tratarse con moito coidado, sen alterar o seu contido e posición. Todo este patrimonio posúe un especial interese social e tamén, como non, fotográfico, entre outros moitos.

 

En canto ao patrimonio histórico-artístico, refírese ao conxunto de bens acumulados a través do tempo e que posúen un valor moi importante para a sociedade. Estes bens poden ser estrictamente de natureza histórica de diversa índole; ou artístico (arquitectónico, escultórico, pictórico, musical, literario, fotográfico, etc) e, polo tanto, tamén posúen un alto contido estético moi interesante para fotografar.

 

“A beleza artística non consiste en representar una cousa bela, senón na bela representación dunha cousa.”

Inmanuel Kant

 
TITULO
DESCRIPCION