A fotografía abstractiva ou abstracta é aquela na que o obxecto que se quere representar, limítase tan só a uns fragmentos, rasgos, texturas, cores ou contrastes¸sen que isto implique a ausencia de elementos figurativos ou claramente recoñecibles pero que simplifiquen ou reduzan a imaxe a algunha das súas características esenciais.
Con este fin, pódense empregar diferentes técnicas como os primeirísimos planos sobre o motivo que queremos fotografar, perspectivas pouco habituais do elemento en cuestión, o movemento e o desenfoque que desdibuxe en certa medida o obxecto, o producir unha imaxe na que o obxecto se represente dunha forma repetitiva grazas ao uso dun espello ou calquera outro medio que poida producila, etc.
Esta maneira de querer representar fotograficamente as cousas é ideal para dar renda solta á creatividade e imaxinación, abrindo un enorme campo de experimentación.
“Todos temos fame e sede de imaxes concretas. A arte abbstacta terá sido boa para unha cousa: para restaurar a virxinidade á arte figurativa.”
Salvador Dalí