Patrimonio Natural

Patrimonio Cultural

O dicionario panhispánico do español xurídico define o patrimonio natural como o conxunto de bens e recursos da natureza, fonte de diversidade biolóxica e xeolóxica, que teñen un valor relevante ambiental, paisaxístico, científico ou cultural.


Fóra das multiples definicións que podemos atopar sobre o patrimonio natural, o importante é ter en conta a forte influencia que ten na nosa identidade como sociedade e no desenvolvemento das nosas vidas, coñecer os valores que nos achega e saber identificar as debilidades e as fortalezas que lle afectan para, deste xeito, saber artellar as estratexias propicias para a súa comprensión e protección.


Neste senso, con este traballo que comparto a través desta web, procuro achegar información dunha maneira visual e interpretativa, ademais de amosarvos os bens tan interesantes e fermosos que a natureza nos ofrece.


"Mantén o teu amor cara a natureza, porque é o verdadeiro xeito de entender a arte máis e máis.”

Vincent Van Gogh

Segundo indica a UNESCO, o patrimonio cultural é aquel que recibimos do pasado, gozamos del no presente e que transmitiremos ás xeracións futuras. Tamén establece que certos lugares teñen un “valor universal prodixioso” e pertencen ao patrimonio común da humanidade.


No entanto, o patrimonio cultural non se limita unicamente a sitios,  de grande relevancia, protección e divulgación, senón que existen infinidade de manifestacións e bens culturais que pasan desapercibidas ou coñécense a nivel local e que, moitas delas, atópanse nun mal estado de conservación, cun grave risco de desaparecer ou xa desaparecidas.


Á hora de clasificalo faise unha primeira diferenciación entre o “patrimonio material” que é o que ocupa un lugar e extensión concretas e, por outra banda, o “patrimonio inmaterial” que é o que está formado por bens que non teñen un soporte físico e que son de maior fraxilidade e máis difíciles de conservar.


En canto ao primeiro grupo (material), destacariamos os bens arqueolóxicos, histórico artísticos, etnográficos, urbanísticos e cidades históricas, lugares e monumentos históricos, documentais e bibliográficos. 

Mentres que no segundo grupo (inmaterial), destacariamos os idiomas e dialectos, topónimos, relixións, ritos, música e tradición oral.


"Non quero a miña casa amurallada por todos os lados nin as miñas fiestras selladas. Eu quero que as culturas de todo o mundo soplen sobre a miña casa tan libremente como sexa posible. Pero négome a ser barrido por ninguna delas.

Mahatma Gandhi