Na súa acepción máis pura, a paisaxe natural defínese como aqueles espazos e territorios nos que a acción humana non os alterou nin intervíu, inda que poidan ser percorridos por mulleres e homes, sempre e cando non permanezan nin os habiten. O certo é que se aplicaramos ao dedillo este concepto, tal como sucede en moitas áreas e debido á alta densidade poboacional, poucas paisaxes poderiamos considerar como naturais.
Na práctica, e sobre todo na fotografía, teremos que aceptar como paisaxe natural aquelas áreas, xeralmente amplas, que podemos asimilar como tal, cando menos as que abranga o obxetivo da cámara e sempre e cando non se perciban as posibles intervencións desenvolvidas pola xente.
Inda así, dado que cada vez temos menos paisaxes que cumpran con estes mínimos, xa que a ansia humana non ten límites e é máis difícil atopar espazos visualmente limpos, sen tendidos eléctricos, estradas e pistas, parques eólicos, minas a ceo aberto, grandes extensións de monte repoboadas con monocultivos forestais, especialmente con especies exóticas..., teredes que ser xenerosos comigo e disculparme se, nalgunha que outra foto visualmente interesante, vos apareza algunha cousa que non encaixe.
“As limitacións da fotografía están nun mesmo, xa que o que vemos é o que somos. Se a beleza non estivera en nós, ¿como poderiamos recoñecela?"
Enst Haas