Os ecosistemas acuáticos son todos aqueles que conteñen un volume determinado de auga, dividíndose en ecosistemas mariños (oceanos, mares e marismas) e de auga doce (ríos, regos, lagos, lagoas, e encoros).
Calquera destes ecosistemas achegan e sosteñen unha grande biodiversidade e paisaxes que, fotograficamente, posúen moitísimo interese, como poden ser as praias cun grande encanto como a de As Catedrais en Ribadeo (Lugo) coas súas impresionantes formacións rochosas; cantís como os da Costa da Morte; ríos de incrible beleza como poden ser: o Lor que atravesa unha área tan emblemática como é A Serra do Courel ou aqueles que, con certa frecuencia, nos amosan fermosas fervenzas, ou caudalosos como poden ser os ríos Miño e Sil: lagos e lagoas como son aqueles que se sitúan en áreas de montaña e alta montaña, normalmente de orixe glaciar.
En canto á xeomorfoloxía, esta caracterízase por achegarnos as múltiples formas que posúe a corteza terrestre e que se representa a través do relevo, en moitas ocasións con sorprendentes formacións rochosas compostas por distintos minerais e orixinadas por factores variados (glaciar, volcánico, fluvial, eólico, etc) e que orixinan cadeas montañosas, vales profundos, desertos, cuncas fluviais, liñas de costa con maior ou menor irregularidade, etc. Tamén está a xeomorfoloxía oculta ou subterránea, como son as covas e simas de maior ou menor tamaño e profundidade, coas súas posibles formacións como as estalactitas, estalagmitas, excéntricas, cursos de auga, etc. A pesares de que a maior parte dos tramos adoitan atoparse en penumbra ou con ausencia total de luz, aplicando a técnica e a iluminación axeitada, son lugares cun grande interese fotográfico.
“Mentres existan ríos e montañas, mentres queden homes, vencido o agresor yanqui construiremos un Vietnam dez veces máis fermoso.”
Ho Chi Minh