Cando falamos de bosques, referímonos a aquelas áreas que se atopan poboadas de árbores con diferentes especies posibles. Para considerar esas áreas como un bosque, deben cubrir unha superficie mínima e posuír unha importante densidade de árbores que, a miúdo, conviven con outras especies da flora (arbustiva, herbácea e muscinal) e da fauna.

 

Existen moitos tipos de bosques que podemos clasificar segundo o tipo de clima e a altitude á que se atopan, o tipo de folla (perenne ou caduca), o tipo de arborado (coníferas, fondosas ou mesturadas),etc.

 

Naqueles casos nos que as formacións vexetais non posúen árbores ou, de posuílas, teñen unha moi baixa densidade, estariamos a falar de outro tipo de comunidades como son as matogueiras, os prados, etc.

 

Do mesmo xeito que as paisaxes naturais son cada vez máis escasas, tamén os bosques están en retroceso debido a varios factores como son a corta incontrolada para o seu aproveitamento, ou para substituílos por outro tipo de recursos (cambios de cultivo, urbanizacións, infraestruturas viarias, industriais, etc).

 

“Unha nación que destrúe o seu solo destrúense a ela mesma. Os bosques son os pulmóns da nosa terra, purifican o aire e danlle unha nova forza á nosa xente.”

Franklin D, Roosevelt

 
TITULO
DESCRIPCION