Inda que cando falamos dos bosques na introdución da súa subgalería xa fixemos referencia ás árbores como alicerce que os compón, elas, como elementos individuais que posúen suficiente entidade e interese, ben merecen unha subgalería propia que amose as diferencias estruturais, a fermosura das súas formas, a faciana que nos ensinan nas diferentes estacions do ano, súas frores e froitos, etc.
Inda que unha árbore non deixa de ser unha planta máis, a característica que mellor a define ou diferencia de outras, é o tamaño que chega a alcanzar na súa madurez, sendo moi diferente entre especies, partindo dende aquelas que poden medir uns cantos metros como as salgueiras, escambróns, mimosas, oliveiras, etc, ata aquelas que poden superar os 100 metros como as secuoias, eucaliptos, etc.
Cando a altura que poidan alcanzar, xunto coa idade, o grosor ou a súa historia son sobresaíntes, estas árbores compoñen o que se ven chamando como senlleiras ou monumentais. Casos moi coñecidos deste tipo de árbores son, entre moitas outras, un exemplar de secuoia coñecido como “Hiperión” que se atopa no norte de California e que, con 115 metros, é a árbore máis alta do mundo, un exemplar de teixo coñecido como “O Teixo de Añisclo” que, situado na provincia de Huesca, podería ser o máis lonxevo de España con 1800 anos de idade, un exemplar de eucalipto coñecido como “O Avó” que, localizado no concello de Viveiro (Lugo), supera os 80 metros de altura e os 2,5 m de diámetro, convertíndose no máis grande de España ou a "Sobreira de Santiorxo" que, situada no concello de A Pobra do Brollón (Lugo), é un exemplar cun grosor descomunal e que tamén está catalogado como árbore senlleira.
“Se soubera que o mundo remata mañá, eu, hoxe todavía, plantaría unha árbore.”
Martin Luther King